X PASEO BIOSBARDO 2014 . ¡SÁCAME DE PASEO!

03-12-2014

X PASEO BIOSBARDO 2014 NO MONTE DA PICARAÑA (Ponteareas), ¡SÁCAME DE PASEO!! 

O Sábado 6 de decembro @s Pelud@s Biosbardos do refuxio de Ponteareas voltan a saír de paseo polo monte da Picaraña (Pontearas). Esperamos que acudades moit@s e que consigamos que saian tod@s @s cans e cadelas do refuxio!!

- TRAEDE CHALECO REFLECTANTE PARA MELLOR VISIBILIDADE NO MONTE.

O plan é o seguinte:

- Ás 10:20 estarán unhas voluntarias enfronte da farmacia que está ao lado do parking do Froiz de Ponteareas para guiar a xente que non saiba chegar ó refuxio. Os que seades dese grupo, por favor, sede puntuáis e estade as e vinte no parking do Froiz.

- Ás 10:30 estaremos no refuxio e vos iremos dando os cans ou cadelas coas que vaiades pasear. 

- Ás 11:30 comeza a ruta.

A dificultade da ruta é baixa, apta para grandes e pequen@s.

INFO. - EMAIL: protectoraosbiosbardos@gmail.com - Contacto: 600 356 891

Organiza: Refugio Animales Ponteareas "Os Biosbardos"

Fecha del evento: 06-12-2014