II PASEO BIOSBARDO 2016, DOMINGO 29 MAIO

24-05-2016

Este domingo dia 29 de Maio temos o II PASEO BIOSBARDO 2016 NO MONTE DA PICARAÑA (Ponteareas)

@s Pelud@s Biosbardos do refuxio de Ponteareas estan desexosos de saír de paseo polo monte da Picaraña (Ponteareas) polo que esperan que acudades moit@s e que consigamos que saian a maioría!!

O plan é o seguinte:

- Ás 10:15 estarán unhas voluntarias enfronte da farmacia que está ao lado do parking do Froiz de Ponteareas para guiar á xente que non saiba chegar ó refuxio. As persoas que sexades deste grupo, por favor, sede puntuáis e estade ás dez e vinte diante da farmacia que hai ao lado do parking do Froiz.

- Ás 10:30 estaremos no refuxio e vos iremos dando os cans ou cadelas coas que iredes ó paseo.

- Ás 11:30 comeza a ruta dende o merendeiro que hai na Picaraña un pouco mais arriba do refuxio. Iremos tod@s xuntos para que ninguén se perda, mentres non comeza podedes facer paseo libre pola zona.

Neste ano 2016 queremos intentar que saian ós paseos tódolos animais do refuxio polo que precisamos voluntari@s para quedarse no refuxio cos aproximadamente 10 animais que non se atreven a saír polos medos que teñen para ir comezando a acostumalos á xente extraña, poñer o arnés e pasear ó principio polo canil ou polo interior do refuxio para mes a mes ir avanzando e que todol@s habitantes do refuxio teñan os seus paseos mensuais, isto ademais de aumentar a súa calidade de vida no refuxio favorece moito as suas posibilidades de adopción. Se hai alguen interesado nesta tarefa comunicadeo á chegada ó refuxio ó voluntariado biosbardo.

A dificultade da ruta é baixa, apta para grandes e pequen@s.

INFO. - EMAIL: protectoraosbiosbardos@gmail.com - Contacto: 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)

Fecha del evento: 29-05-2016