ESTE DOMINGO 17 DE DECEMBRO PASEO BIOSBARDO!!

12-12-17

ESTE DOMINGO 17 DE DECEMBRO PASEO BIOSBARDO!!

@s Pelud@s Biosbardos do refuxio de Ponteareas estan desexos@s de saír de paseo polo monte da Picaraña (Ponteareas) e pasar unha mañá especial con vós, animadevos a asistir! Manny xa está desexoso de que chegue o día! O plan é o seguinte:

- Ás 10:45 estará unha voluntaria enfronte da farmacia que está ao lado do parking do Froiz de Ponteareas para guiar á xente que non saiba chegar ó refuxio. As persoas que sexades deste grupo, por favor, sede puntuáis e estade ás once menos cuarto no parking do Froiz.

- Ás 11:00 estaremos no refuxio e iremos dandovos os cans ou cadelas coas que iredes ó paseo.

- Ás 12:00 comeza a ruta dende o merendeiro que hai na Picaraña un pouco mais arriba do refuxio. Iremos tod@s xuntos para que ninguén se perda, mentres non comeza podedes facer paseo libre pola zona. A dificultade da ruta é baixa, apta para grandes e pequen@s.

Se alguén desexa quedarse no refuxio socializando aos animais tímidos e medosos que aínda non se atreven a saír de paseo comentalo co voluntariado á vosa chegada.

Mais información no correo-e: protectoraosbiosbardos@gmail.com ou no telef. 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00).

Fecha del evento: 17-12-17