Le informamos que este sitio web instala cookies propias y de terceros al navegar por sus páginas con el fin de facilitar su navegación y obtener datos estadísticos. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso e instalación. Acepto más información

Este domingo dia 7 de agosto temos PASEO BIOSBARDO!!

03-08-16

 

Este domingo dia 7 de agosto temos PASEO BIOSBARDO!! @s Pelud@s Biosbardos do refuxio de Ponteareas estan desexosos de saír de paseo polo monte da Picaraña (Ponteareas) e pasar unha mañá especial con vós, animadevos a asistir!

O plan é o seguinte:

- Ás 10:15 estará unha voluntaria enfronte da farmacia que está ao lado do parking do Froiz de Ponteareas para guiar á xente que non saiba chegar ó refuxio. As persoas que sexades deste grupo, por favor, sede puntuáis e estade ás dez e cuarto no parking do Froiz.

- Ás 10:30 estaremos no refuxio e vos iremos dando os cans ou cadelas coas que iredes ó paseo.

- Ás 11:30 comeza a ruta dende o merendeiro que hai na Picaraña un pouco mais arriba do refuxio. Iremos tod@s xuntos para que ninguén se perda, mentres non comeza podedes facer paseo libre pola zona.

A dificultade da ruta é baixa, apta para grandes e pequen@s.

Mais información no correo-e: protectoraosbiosbardos@gmail.com ou no telef. 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00).

Fecha del evento: 07-08-16


 
Hosting Patrocinado por CyberNETicos

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

- Tel. LUNES A VIERNES(10-13:30H)(16.30-20H) 600 356 891
- Contactar - Política de Privacidad

Apartado de Correos 47, 36860 Ponteareas (Pontevedra) - IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305

Bambú cms