Manifestación contra a matanza de lobos, híbridos e cans no Barbanza

18-04-2012

COLABORA ! DESCARGA O TEU DIPTICO E DIFUNDE!

userfiles/Exterior diptico lobo definitivo(1).pdf

userfiles/Interior diptico lobo definitivo.pdf

O colectivo Vox Ánima convoca unha manifestación o sábado 28 de Abril as 18:30 na praza do concello de Ribeira (A Coruña). O obxectivo de esta manifestación é que os cidadáns expresemos claramente o noso rexeitamento as prácticas salvaxes e ilegais que están acontecendo na Serra do Barbanza en contra da manada de lobos máis occidental de Europa. Ademáis, tamén demostremos o noso desacordo coa política de batidas e agardos autorizadas pola Xunta de Galiza dende o 2011 para a erradicación do "lubicán", un híbrido froito do cruce entre can e lobo, para que se realicen da forma máis profesional e rigurosa posible en tódolos sentidos (non como ata o de agora que nin siquera saben cantos cánidos morreron nas batidas), evitando calqueira tipo de crueldade animal e promovendo a conservación do medio ambiente do Barbanza. Pregamos a vosa asistencia, cantos máis sexamos, máis forza faremos para presionar as autoridades competentes a que se investigue a fondo todo este desagradable asunto.

Este é o texto que presentamos diante da Consellería:

Segundo a consellería,están sendo autorizadas, por parte da Dirección Xeral Para a" Conservación da Natureza", batidas, agardos e trampeos contra supostos lobos híbridos na comarca do Barbanza.

Estamos en total desacordo con esta medida, na que non se valora, en absoluto, a vida dos animais.

 Que, segundo noticias de prensa e observacións particulares e de grupos ecoloxistas, parecer ser que se están realizando batidas sen ningunha supervisión, nas que se lle dou morte a diferentes animais (incluídos lobos, híbridos e cans) por parte dos cazadores.

Que os agardos e trampeos vanse facer en plena época de cría, o cal supón que a captura ou morte da nai vai supoñer a morte de todas as crías por inanición.

Que varios animais, incluídos lobos, están aparecendo mortos a causa da utilización de lazos ilegais.

Que na observación dos animais abatidos parece que se atoparon cánidos con sinais de manipulación por parte do home, concretamente animais que tiñan as orellas recortadas.

 Que tais indicios poderían ser unha proba de que se están soltando cans asilvestrados ou híbridos de lobo no monte, co obxecto de confundir e enganar a esa Dirección Xeral, e así poder matar lobos que, supostamente, atacan ao gando.

Á vista do exposto SOLICITAMOS:

Que se deteñan de inmediato as batidas autorizadas, así como os agardos e trampeos, estudando outro tipo de medidas alternativas tales coma capturar os animais vivos e esterilizalos.

Que de continuar con esta matanza se nos autorice a participar coma observadores, así como que se nos informe de todas as análises realizadas ata o momento e das que se realicen a partir de agora.

Que se investigue, chegado o caso, a relación que podería haber entre os denunciantes da existencia de lobos híbridos e a aparición de lazos que ocasionan vítimas de maneira indiscriminada.

Por último, demandamos tamén, que non esquezan que o crecemento da poboación de cans no monte se debe ao abandono destes animais por parte dos responsables e os poucos que chegan a sobrevivir non teñen máis opción que adaptarse ao medio para permanecer con vida. Polo que a solución para evitar posibles hibridacións no futuro pasa por poñer en práctica medidas que eviten os abandonos: controis exhaustivos dos cans de caza, revisións rutineiras de microchips, rexistro municipal destes animais, compromiso de esterilización, infraccións por abandono, e, en definitiva un interese por parte da administración en educar a sociedade no respecto pola vida dos animais.

 

Fecha del evento: 28-04-2012

 

Autor:

Fuente: AXENA