Le informamos que este sitio web instala cookies propias y de terceros al navegar por sus páginas con el fin de facilitar su navegación y obtener datos estadísticos. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso e instalación. Acepto más información

3º PASEO BIOSBARDO DO 2015!

07-05-15

¡¡ESTE DOMINGO 10 DE MAIO NON PODEDES FALTAR O PASEO BIOSBARDO!!

Boris, Bea e Neo xa están listos para saír de paseo este domingo 10 de maio. Agardamos que asistades moitas persoas para que poidan disfrutar tod@s @s nos@s refuxiad@s!

O plan é o seguinte:

- Ás 10:20 estarán unhas voluntarias enfronte da farmacia que está ao lado do parking do Froiz de Ponteareas para guiar á xente que non saiba chegar ó refuxio. As persoas que sexades deste grupo, por favor, sede puntuáis e estade ás dez e vinte no parking do Froiz.

- Ás 10:30 estaremos no refuxio e vos iremos dando os cans ou cadelas coas que iredes ó paseo.

- Ás 11:30 comeza a ruta dende o merendeiro que hai na Picaraña un pouco mais arriba do refuxio. Iremos tod@s xuntos para que ninguén se perda, mentres non comeza podedes facer paseo libre pola zona.

Neste ano queremos intentar que saian ós paseos tódolos animais do refuxio polo que precisamos voluntari@s para quedarse no refuxio cos aproximadamente 10 animais que non se atreven a saír polos medos que teñen para ir comezando a acostumalos á xente extraña, poñer o arnés e pasear ó principio polo canil ou polo interior do refuxio para mes a mes ir avanzando e que todol@s habitantes do refuxio teñan os seus paseos mensuais, isto ademais de aumentar a súa calidade de vida no refuxio favorece moito as suas posibilidades de adopción, as persoas interesadas poden mandar un correo electrónico ou avisarnos ó chegar que están dispostas a facer este entrenamento.

A dificultade da ruta é baixa, apta para grandes e pequen@s.

INFO. - EMAIL: protectoraosbiosbardos@gmail.com -

Contacto: 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)

Fecha del evento: 10-05-15


 
Hosting Patrocinado por CyberNETicos

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

- Tel. LUNES A VIERNES(10-13:30H)(16.30-20H) 600 356 891
- Contactar - Política de Privacidad

Apartado de Correos 47, 36860 Ponteareas (Pontevedra) - IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305

Bambú cms