Ficha de Garry
Busco acogida caso especial- Nombre Garry
- Clase Perro
- Desde 9-5-2011
- Sexo Macho
- Edad 14 años
- fecha de nacimiento 5/2010
- Raza
- Tamaño Mediano
- Peso 31,15kg
- microchip 982000210037917
- Localidad Ponteareas (Pontevedra)
- Situación Casa de acogida
- ID 136
Descripción
Garry foi diagnosticado de insuficiencia renal e no refuxio é imposible atendelo como merece, precisa medicación e dieta cun pienso especial que a Asociación suministraría á familia de acollida, o igual que correría cos gastos de atención veterinaria.
Garry é un can xoven, moi sociable tanto con persoas como con outr@s cans e cadelas, gústalle moito pasear e xogar e é un can moi intelixente! É o preferido de varias voluntarias xa que se fai querer moito, sempre alegre e contento por recibir ó voluntariado e nunca se cansa de dar mimos e recibilos.
Por desgraza Garry fai tempo que se convertiu nun dos invisibles do refuxio debido a súa enfermidade da Leishmania pero se vés a coñecelo estamos seguras que Garry te enamorará.
Nas acollidas definitivas a Asociación corre con tódolos gastos polo que ti só te tes que preocupar de darlle o teu tempo e cariño.
Garry merece unha familia e non pararemos ata que a alguén se lle grave na retina e no corazón este gordo amoroso! ¿Conseguímolo contigo?
Apareceu sendo un cachorro preto do refuxio coa pel cuberta de tantas garrapatas que se lle caía a pedazos, esquelético e anémico, agora está cheo de vitalidade e gañas de comerse o mundo polo que nos parece moi triste continúe vivindo nun refuxio catro anos despois.
É moi mimoso e boiño.
APADRINADO POR JOSE ALONSO
AMADRINADO POR MARIA GALAN