Nombre Bolboreta
Edad 1 año y 2 meses
Sexo Hembra
Tipo Perro
Estado En adopción
Localización Refugio
Foto de Bolboreta

Descripción


Cando atopamos a Bolboreta, o seu corpo estaba canso… pero o que máis custaba era convencer o seu corazón de que xa estaba a salvo.

 

Bolboreta apareceu no miradoiro de San Nomedio xunto con Xoán. Durante días permaneceron alí arriba, soportando temporais de choiva e vento con moi pouco onde resgardarse.

 

Chegaron moi delgados e moi cansos,sobre todo Bolboreta.

Mentres intentabamos achegarnos, ela miraba con cautela. Tiña fame, pero a desconfianza era máis forte. Custoulle aceptar a comida e aínda máis confiar.

 

Bolboreta é unha cadeliña sensible, desas que precisan tempo para entender que xa non teñen que loitar soas.

 

Xoán, o seu compañeiro inseparable, axudounos moito para poder collela. Grazas a que el quedou ao seu carón, Bolboreta non marchou e finalmente conseguimos que viñera canda nós. 

 

Cando chegaron ao refuxio estaban esgotados e durmiron todo o que puideron. 

 

Agora Bolboreta comeza unha nova etapa. Precisa paciencia, comprensión e alguén que lle demostre que o mundo tamén pode ser un lugar seguro.

 

📞 Se queres adoptalo ou recibir máis información:

📱 600356891 (luns a venres 10:00–13:30 / 16:30–20:00)

📧 protectorabiosbardos@gmail.com

Galería


Contactar por Bolboreta

Obligatorio