Nombre Branco
Edad 3 años y 9 meses
Sexo Macho
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Con su nueva familia
Tamaño Muy grande
Foto de Branco

Descripción


Branco é un can de +50 que precisa unha familia, preferiblemente casa con xardin xa que é un mastín. O refuxio non é un lugar para el… quédaselle pequeno. Ningun can nin cadela debería pasar noites, semanas, meses… nun refuxio.

No caso de Branco, disfruta dos xogos coa sua amiga Viana e dos coidados do voluntariado, pero o tempo que pasa encerrado estalle a afectar negativamente, chegando nalgunha ocasion a dar voltas sobre si mesmo (estereotipia); un comportamento que non podemos deixar que vaia a mais… axúdanos a axudarlle: se podes adoptalo contáctanos por teléfono ou mail, e senon, comparte para atoparlle unha familia canto antes.

Branco busca adopción xa que pasou un mes no monte onde pudo sobrevivir gracias a que un señor ia cada día botarlle de comer pero, como non podía adoptalo, tivemos que ir recollelo.
 
Este grandullón é moi bo, noble e sociable. Chegou a nos moi, moi delgado… pero moi animado ao mismo tempo ❤️‍🩹
 
Branco miranos con esperanza; e nos queremos ter fe en que seguro que alguén querrá adoptar un can novo e agradecido como el e que seu tamaño non lle faga pasar moito tempo no refuxio.
 
 
AMADRINADO POR: Graciela Míguez, Yolanda Carbajales.
 
APADRINADO POR: Carlos Parcero.

Galería