Nombre | YOGUI |
Edad | 12 años y 2 meses |
Sexo | Macho |
Tipo | Perro |
Estado | Adoptado |
Localización | Refugio |
Tamaño | Pequeño |
Peso | 11.55kg |

Descripción
Ollazos en busca de fogar definitivo e responsable, YOGUI entrou no refuxio esta semana (abril 2016), a pesar de difundilo xa que remataba a súa acollida non atopamos nada para el polo que finalmente está no refuxio con esta cariña de asustado e non saber o que pasa.
YOGUI BUSCA ACOLLIDA OU ADOPCIÓN!
Este podenquiño foi recollido fai 2 anos en moi mal estado, desnutrido, cheo de sarna e cun gran medo ó ser humano.
Grazas a un fogar de acollida recuperouse tanto física como sicolóxicamente e agora está así de guapo pero a acollida rematase e precisa un novo fogar para non ter que entrar no refuxio.
Yogui xa sufriu bastante na súa corta vida polo que sería moito mellor para el atopar un fogar definitivo xa que é moi duro cambiarlles o ambiente e a familia cando xa están acostumados, e mais en casos como o seu.
AMADRINADO POR: EVA VIÑAS GONZALEZ
MARTA, PABLO Y YOLI.