| Nombre | ELODIE |
| Edad | 14 años y 8 meses |
| Sexo | Hembra |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Casa de acogida |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
Elodie foi atopada por unha das nosas voluntarias na senda da auga de Chapela, onde levaba malvivindo na rúa mais de un ano, según nos contaron os veciños que a alimentaban.
Elodie era todo medo e rastas, non se deixaba coller polo que houbo que poñer a xaula trampa. Unha vez caiu nela, as nosas voluntarias a lavaron, cortáronlle o pelo e descubriron que debaixo das rastas había unha infestación de carrachas e pulgas que a estaban comendo en vida.
Hoxe en día, a pequena Elodie espera nunha casa de acollida a que chegue a súa familia definitiva. É unha cadeliña moi doce e agarimosa que non merece todo o que lle pasou.