Nombre | YUNA |
Edad | 11 años y 9 meses |
Sexo | Hembra |
Tipo | Perro |
Estado | Adoptado |
Localización | Desconocido |
Tamaño | Mediano |
Peso | kg |

Descripción
YUNA foi abandonada polos seus donos cando quedou embarazada, ía ser unha carga e xa non a querían na casa. A cadela vagabundeou buscándose a vida como podía, quedándose nos osos, morrendo de fame pouco a pouco. Ata o día no que, nunha aldea, deu a luz os seus cachorriños que máis que probablemente algún veciño/a da zona encargouse de asesinar para que non lle molestasen no seu día a día.
Por fin, avisáronos da situación de Yuna,coa pel dañada polo tempo que pasou na rúa, escuálida debido a fame que pasou e as mamas repletas de leite preparada para darlle os seus cachorros, eses que por desgracia non podrá alimentar.
Yuna é unha cadela impresionantemente boa, moi doce, agradecida, xoguetona e sociable. Está chea de vida, de felicidade e de ganas de coñecer todo o bo que lle agarda. Con solo un aniño de idade aínda lle queda toda a vida por diante para desfrutala coa súa verdadeira familia!