Nombre PIRATA
Edad 15 años y 4 meses
Sexo Macho
Tipo Gato
Estado Adoptado
Localización Casa de acogida
Tamaño Mediano
Urgente
Foto de PIRATA

Descripción


Pirata apareceu unha noite de moita choiva tirado no medio dunha estrada en Vilasobroso, a persoa que o atopou pensou nun principio que estaba morto, pero non era así, Pirata estaba loitando contra unha deshidratación tremenda e unha fame de días. Dita persoa o recolleu e levou a un veterinario onde se recuperou fantásticamente. A Pirata fáltalle un olliño, de ahí o nome, pero el fai vida completamente normal. É un gato moi mimoso e sociable, pensamos que nalgún momento da súa vida tivo familia xa que lle encanta estar en contacto coas persoas e tamén é sociable con outr@s gat@s. É positivo a inmunodeficiencia, polo que só pode convivir con outr@s gat@s que tamén sexan positivos ou con unha familia onde non haxa máis gat@s. Urxe atopar un fogar para este minino tan fermoso e cariñoso pois agora se atopa de acollida nun piso onde non habita ninguén e el necesita contacto con seres humanos. Para nós Pirata non ten ningún defecto, se para tí tampouco o ten, ¿A que agardas? APADRINADO POR: ISAAC CABRAL ALONSO

Galería