Nombre NELA II
Edad 12 años y 1 mes
Sexo Hembra
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Casa de acogida
Tamaño Mediano
Foto de NELA II

Descripción


Nela estaba abandoada nunha aldea en Maceiras. Estaba en abanzado estado de xestación e a difundimos buscando acollida pero por desgraza ninguén se ofreceu. Púxose de parto e a persoa que lle daba de comer a acolleu na súa casa, pero complicouse e tivémola que levar o veterinario de urxencias. @s cachorriñ@s eran demasiado grandes para ela e naceron mortos. Nela quedou moi triste o despertar da operación, pasou os dolores do parto e non tiña a ningún dos seus pequechos para coidar. Unha vez pasado o trance, demostrou ser unha cadeliña moi doce, sociable con persoas e cans/cadelas, alegre e cariñosa. Agora Nela está ansiosa por atopar unha familia coa que olvidar por completo todas as penurias que tivo que vivir ata agora e así poder encher a súa historia de momentos divertidos e de amor. AMADRINADA POR: ISABEL PORTELA SILVOSO

Galería