| Nombre | GINGER |
| Edad | 14 años y 3 semanas |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Casa de acogida |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
Ginger apareceu atropelado e temíamos que non houbese nada que facer por el pois estaba nun estado lamentable. En canto o levamos ó veterinario descubrimos que tiña ambas cadeiras rotas e unha patiña tamén. Operámolo de ambas fracturas e agora toca agardar a que se recupere das feridas.
Por sorte para este anxiño apareceu unha casa de acollida fantástica que lle está dando todos os coidados que precisa e a que estamos eternamente agradecidas!
Se queres axudar na recuperación de Ginger podes donar pañais e empapadores xa que o pobre aínda non se pode levantar e pasa o día na súa camiña.
Podes achegar a túa doazón a Cícely Viajes C/ López Mora 47, Vigo.
MOITAS GRAZAS!!