| Nombre | ORBALLO |
| Edad | 14 años y 11 meses |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Perro |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Desconocido |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
Orballo levaba tempo abandoado en Arnoso (Ponteareas) sendo alimentado na rúa polos veciños. Por desgraza algún/ha desalmad@ ó atropelou e non se parou a socorrelo polo que cando @s veciñ@s se deron conta de que arrastraba unha das patiñas nos deron aviso para axudar o pobre can.
Levámolo o veterinario onde confirmou que as feridas parecían de atropelo, a pata dianteira dereita está en carne viva e cos osiños dos dedos ó aire. Na outra patiña tiña unha ferida bastante profunda. Ademáis estaba bastante delgado.
Orballo é un podenquiño de tamaño pequecho, é adorable e ten unha mirada moi tenra que derrita a alma de calquera. É incomprensible como ninguén lle fixo un oco na súa casa sendo unha miniatura tan doce e agradecido.
Agora buscamos para este pequeno unha familia definitiva que o mime moitísimo e o trate como sempre mereceu, con respeto e moito amor. ¿Serás tí quen complete a historia de Orballo con un final felíz?