| Nombre | NOLO |
| Edad | 10 años y 10 meses |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Gato |
| Estado | Adoptado |
| Localización | Casa de acogida |
| Tamaño | Pequeño |
Descripción
Ozi, Pipa, Nolo y Ras son catro bebés de gato que foron atopados completamente desprotexidos. A súa nai estaba tropelada no medio da estrada e @s pequen@s non facían máis que chorar chamando por ela.
Pedimos acollida urxente nas redes sociais e por sorte ofreceuse unha boa persoa que non foi capaz de mirar cara outro lado e lle fixo un oquiño no seu fogar aos 4 pequerrechiñ@s.
Son dúas femias e dous machiños de sobre 3 semanas de vida, a súa nai gatuna os debeu coidar moi ben xa que están limpiños, sanos e nutridos.
Agora buscamos casas definitivas para estas preciosidades, se queres aumentar a túa familia con un/unha cachorriña de gato, non o dubides, ponte en contacto con nós no 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)