Nombre NIRVANA
Edad 11 años y 11 meses
Sexo Hembra
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Casa de acogida
Tamaño Pequeño
Peso kg
Foto de NIRVANA

Descripción


Non sabemos como foi a vida de Nirvana, pero chegou un momento no que a súa familia decidiu que non a querían máis e a deixaron tirada na rúa coma un trasto inservible. Vagou polas rúas ata asentarse nunha aldea onde coñeceu o seu inseparable compañeiro Kurt. Alí seguían a intemperie pero @s veciñ@s lles daban de comer e foron quenes nos deron aviso de que Nirvana había sido víctima dun lazo ilegal de cazadores. Dito lazo, se lle quedou no pescozo, estrangulándoa e incrustándoselle na pel, facéndolle unha ferida profunda e provocándolle unha terrible dor. Para colmo, o tempo se nos botaba enrriba pois a pequena Nirvana estaba preñada, pronto daría a luz e tendo todo ese alambre estrangulándoa temíamos que ocurrise o peor. Intentamos todas as formas posibles para collela, pero despois de máis de 8 meses na rúa, sufrindo o desprezo e maltratos do ser humano é normal que non quixera confiar en nós. Asustámonos moito cando o veciño que a controlaba nos avisou de que levaba varios días sen mirala e en cambio o seu amigo Kurt seguía por alí... A pequecha Nirvana escondérase para dar a luz a 5 cachorr@s, dous mortos e tres viv@s: Sam (macho), Nati e Tami (femias). Exhausta, a naiciña deixouse rescatar sen opoñer resistencia e levámola inmediatamente o veterinario onde lle retiraron o lazo que estaba cuberto de podredumbre e desprendía un cheiro horrible. Limpáronlle a ferida e a pobre non fixo ningún mal xesto a pesar da dor que debía sufrir. Agora, precisamos para ela e os seus cachorros fogares definitivos onde ser felices, olvidando o terrible pasado que algunha persoa lles obligou a vivir. É sociable con cans/cadelas e gat@s.

Galería