Nombre | ZARZA |
Edad | 9 años y 10 meses |
Sexo | Hembra |
Tipo | Gato |
Estado | Adoptado |
Localización | Casa de acogida |
Tamaño | Pequeño |
Peso | kg |

Descripción
Zarza e Mora son dúas gatiñas dun mes que fai un par de días coláronse no motor do coche dunha das nosas voluntarias. Conseguiu rescatalas e agora urxe atoparlles fogares definitivos!
Como vedes na foto de Zarza, son tan pequerrechas coma as chaves dun coche. Ambas están sanas, e conviven con nen@s, outr@s gat@s e cans/cadelas. Son unhas bebiñas preciosas, sociables e xoguetonas que merecen comezar a súa vida baixo a protección dunha familia que as mime e coide para sempre.
Se queres adoptar a algunha destas pequenas, ponte en contacto con nós no 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)