Nombre | AIXA |
Edad | 10 años y 3 meses |
Sexo | Hembra |
Tipo | Perro |
Estado | Adoptado |
Localización | Refugio |
Tamaño | Pequeño |
Peso | 10.35kg |

Descripción
Aixa levaba tempo sendo vista vagando polas rúas de Ponteareas pero ninguén era capaz de collela pois tiña moito medo e fuxía. Grazas o traballo das nos@s voluntari@s conseguimos rescatala, unha vez no refuxio e seguindo co traballo de sociabilización está demostrando ser unha cadeliña tímida que sufriu moito por culpa do ser humano, pero que con un pouco de cariño, tacto e empatía conseguirá olvidar todas as penurias pasadas.
Aixa é unha verdadera fermosura de cadela, parece unha golden en miniatura, ten unha cariña e sobre todo unha mirada tan dulce que non te podes resistir... Pero sobre todo o que esa mirada pide a gritos é axuda, cariño e paciencia.
Se estás pensando en adoptar, Aixa te necesita, no refuxio vai mellorando pero non podemos adicarlle o mesmo tempo que se estivese nun fogar, por favor, se queres darlle un fogar e unha nova vida a esta princesiña ponte en contacto con nós!
AMADRINADA POR: CRISTINA ESTEVEZ GONÇALVES