Nombre Tor
Edad 8 años y 2 meses
Sexo Macho
Tipo Perro
Estado Adoptado
Localización Refugio
Tamaño Mediano
Peso 26kg
Foto de Tor

Descripción


A historia deste can é incrible e ponnos de moi mal humor, o martes ás 21 horas recibimos unha chamada alertandonos dun can que levaba todo o dia atado a unha farola en Covelo, mentres a persoa que nos deu aviso foi a por auga e comida o can desapareceu e onte á tarde chámanos outra persoa decindonos o mesmo pero noutro lugar, que hai un can atado a unha farola en Bugarín (Ponteareas), pedímoslle fotos e comprobamos que é o mesmo can, ademais deixaron unha nota na que pon que se chama Tor. 😤😤 Pedimos axuda para identificar a este can e a súa familia e denunciala por abandono e por suposto axuda para Tor, precisa un fogar de acollida ou preadopción xa que a persoa que o colleu só pode telo un par de días e o refuxio está completamente saturado cos últimos casos urxentes que tivemos que recoller.

Galería