Nombre | Zeus |
Edad | 10 años y 1 mes |
Sexo | Macho |
Tipo | Perro |
Estado | No disponible |
Localización | Casa de acogida |
Tamaño | Grande |
Peso | 31kg |

Descripción
ACOGIDA DEFINITIVA
ZEUS Sabemos que cunha imaxe é suficiente pero non sabedes a súa historia... Abandonado pola que se supoñía era a súa familia, as persoas que deberían coidalo e querelo ata o fin dos seus días... pero non quixeron facerse cargo da súa enfermidade... Cando o recollimos estaba neste estado...LAMENTABLE, atado ó sol e comido polas moscas. Esta foi a súa vida durante 4 anos, non entendemos para que a xente quere un animal para logo tratalo así. Zeus está enfermo e por duro que pareza pode que para el fora a liberación da condea á que estaba destinado. Agora atópase no refuxio e está a tratamento da leishmania que sufre e que esperamos se estabilice pero para Zeus sería moito mellor un fogar no que recuperarse e esquecer todo o maltrato sufrido, por iso pedimos para el unha acollida, unha familia que sí esté diposta a tratalo co respeto e cariño que merece e prestarlle os coidados necesarios. A Asociación corre con tódolos gastos pero precisa alguen que lle ofreza o seu fogar no que estar seguro e tranquilo e que lle poida dar a medicación. PODES ACOLLELO???? Os invernos no Refuxio son moi duros. AMADRINADO POR: MARIA RODRIGUEZ