Nombre | Xerif |
Edad | 17 años y 10 meses |
Sexo | Macho |
Tipo | Perro |
Estado | Fallecido |
Localización | Casa de acogida |
Tamaño | Grande |
Peso | 34kg |
Caso especial |

Descripción
Por fin conseguimos coller a Xerif, o noso guardián máis fiel, levaba dende case o inicio da protectora ás portas, sen deixarse coller pero sempre atento e coñecendo a todos os novos habitantes do refuxio mentres estan en adaptación.
Agora chegou o seu turno de buscar un fogar quentiño no que ser coidado e querido, remataron os tempos de liberdade sen fin pero a idade non da tregua e Xerif xa non ve nin escoita ben. Intentaremos levalo a unha revisión veterinaria esta semana e iremos contandovos.
De momento xa paseou con correa moito mellor do esperado e está aclimatandose á nova vida no interior do refuxio.
Ofrecemos para Xerif ó igual que para tódolos animais maiores de 8 anos a opción de acollida definitiva onde Xerif pasará o resto dos seus días coa familia que decida abrirlle as súas portas e a Asociación corre cos gastos veterinarios e de alimentación.
As portas do Refuxio contamos cun vixiante AMIGO. o noso Xerif particular.
El vive do outro lado das verxas, no Monte, os voluntarios sempre o lembran así. EL vixía FORA e nos cuida a TODOS.
APADRINADO/AMADRINADO POR: Pachy & Mª Jesús
LAURA PEDROUSO SÁNCHEZ
ANDREA CAROU
ALICIA PEREIRA CABRAL
AIDA FERREIRO RANCAÑO
ROSA VALENTE GONZALEZ