| Nombre | RICHARD GERE |
| Sexo | Macho |
| Tipo | Gato |
| Estado | Fallecido |
| Localización | Veterinario |
| Tamaño | Mediano |
| Caso especial |
Descripción
Nos deron aviso un domingo de que habían atropelado a Richard facía 3 días e que dende entón facíase caca e non era capaz de orinar. O levamos ó veterinario onde lle fixeron as probas necesarias e descubrimos que o atropelo partiulle o rabo e que tiña a vexiga obstruida, razón pola cal non era capaz de orinar con normalidade. Para colmo, ao testalo, deu positivo a inmunodeficiencia felina, polo que si se recupera, precisaremos para el unha acollida ou adopción sen outr@s gat@s ou con el@s positivos a inmunodeficiencia.
Agora mesmo se atopa en observación, o pronóstico é reservado pero vos iremos informando.
A pesar da dor que sufría, o pobre Gere só quería mimos, e o contacto coas persoas que se atopaban con el mentres os veterinarios o atendían. É un gatiño que merece ser feliz e saber o que é ser querido de verdade.
APADRINADO POR: MARTÍN ÁLVAREZ CASTILLO