Nombre Zarko
Edad 10 años y 6 meses
Sexo Macho
Tipo Perro
Estado En adopción
Localización Refugio
Tamaño Grande
Urgente
Foto de Zarko

Descripción


ZARKO busca acollida definitiva!

 

É un canciño de 9 anos, moi moi bo, sociabel e cariñoso. Ten leishmania, o que non lle impide facer unha vida normal, tan só precisa controis cada 6 meses e unha pastilla diaria. Ofrecemos para el a opción da acollida definitiva na que a Asociación cubre os seus gastos veterinarios para que iso non sexa un obstáculo para atopar unha familia coa que compartir a vida e ser feliz por fin. 

Zarko daráche todo o seu agarimo se lle abres as portas do teu fogar, podes ti darlle o teu tempo e amor? Os animais adultos e grandes apenas teñen opcións de adopcións o que é moi triste xa que son os que máis precisan un fogar, o refuxio é moi húmido e frío no inverno e moi caluroso no verán, ademáis de non ter a estabilidade, os paseos e amor dun fogar, algo que en muitos casos nunca coñeceron con anterioridade 🥺

Simplemente non o entendemos, e por varias razóns que vos vamos a citar a continuación:

É un can 10, leal e cariñoso, que da cada anaco do seu corazón e deposita en ti todo o agarimo e amor que leva dentro.

É o compañeiro ideal tanto para rutas como para unha tarde de sofá. É un can tranquilo que ama pasear e ademais é un disfrutón da vida. 

E por último, vaiche ensinar máis que ninguén a querer de forma incondicional. Nunca te sentirás só/a cando estea xunto tua.

Por todo isto, Zarko, é o can ideal e o compañeiro de vida que estás buscando.

Así que, se tes a oportunidade de darlñe unha familia, non o dubides, porque de verdade precisao e quere ver que el tamén pode ser feliz, ao igual que moitos dos seus compañeiros que foron adoptados, quedando el so no canil. 

 

AMADRIÑADO POR: ROSA MOSTEIRO, YAIZA GONZÁLEZ, ESCOLA INFANTIL PATUCOS, ALBA FRIEDRICH, ADORACIÓN BARREIRO VILLAR, CRISTIANE CARDOSO

Galería


Contactar por Zarko

Obligatorio