Le informamos que este sitio web instala cookies propias y de terceros al navegar por sus páginas con el fin de facilitar su navegación y obtener datos estadísticos. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso e instalación. Acepto más información

KURT E NIRVANA, UNHA HISTORIA DE DESGRAZAS E AMOR...

25-05-15


 

KURT E NIRVANA, UNHA HISTORIA DE DESGRAZAS E AMOR...

@s human@s as veces creen que só eles poden sentir amor, cariño e fidelidade. Que equivocados están aqueles que pensen así.

A historia de Kurt e Nirvana é tráxica e romántica a partes iguais. Ambos abandonados polas que foron as súas familias, deixados na rúa e sobrevivindo a duras penas grazas a caridade das poucas persoas decentes que se cruzaron no seu camiño.

O abandono os uniu, e creouse un vínculo moi forte entre eles. Nirvana foi presa dun lazo ILEGAL de cazadores e a pesar de estar débil e ferida Kurt xamáis a deixou de lado, o contrario, sempre o seu carón protexéndoa e avisándoa dos perigos que se puidesen presentar.

Nirvana deu a luz e exhausta polo parto e as feridas que lle fixo o lazo no pescozo, deixouse rescatar xunto os seus 3 cachorriñ@s.
Agora ela está a salvo, pero Kurt quedou só na rúa, sufrindo a soidade e a tristeza máis que nunca, sen a súa amada Nirvana.

Rompenos o corazón saber que él sigue alí, vagando pola zona en busca da que foi, durante máis de 8 meses, a súa inseparable compañeira. O veciño que o alimenta nos conta que se nota o seu sufrimento, está máis desconfiado e huidizo dende que lle falta ela.

Necesitamos un bo final para esta historia, sabemos que é moi dificl que atopen fogar xuntos, pero iso xa é o de menos, agora precisamos un fogar de acollida para el, ese increíble can, ese compañeiro fiel que non deixou a súa amada ata que foi rescatada xunto os seus filliños.

Se hai un heroe, ese é Kurt, e merece ser tratado como tal, con respeto, amor e dulzura, nun fogar onde poida olvidar os anos de abandono, pero onde perdure o recordo da súa amada, Nirvana.



SE PODES ACOLLER OU ADOPTAR A KURT, POR FAVOR, PONTE EN CONTACTO CON NÓS NO: 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)

 


 
Hosting Patrocinado por CyberNETicos

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

- Tel. LUNES A VIERNES(10-13:30H)(16.30-20H) 600 356 891
- Contactar - Política de Privacidad

Apartado de Correos 47, 36860 Ponteareas (Pontevedra) - IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305

Bambú cms