LATI

LATI 2014-10-14 ATA PRONTO AMIGO LATI...

Non podemos quedar sen despedir de ti, querido amigo... Ti que pasaches tanto tempo na rúa agardando a que alguén che dise unha oportunidade, que sobrevivías a duras penas alimentándote do que unha veciña che levaba, pasando frío e medo, nun perigo constante...

Ti querido Lati, tiveches a sorte de que unha maravillosa familia se decidise a acollerte, a sacarte da rúa e darte todo o cariño e coidados que tanto desexabas... Pero a vida as veces é moi inxusta e cruel, e agora que podías disfrutar da vida que merecías saliu a relucir esa maldita enfermidade e tiveches que partir para o outro lado do arcoiris...

Deixas un oco moi grande na familia Biosbarda e sabemos que un moito maior na familia que tanto te quixo este tempo e que fixo todo o que puideron porque saises adiante.

Moitísimas grazas a Pablo e María en nome de tod@s @s integrantes dos Biosbardos porque grazas a vos Lati coñeceu o que é formar parte dunha familia, sentirse querido, respetado e coidado ata o final.

Ata pronto pequeno...