Angelito

Angelito 2016-01-20 D.E.P. Angelito
A pesar de tódolos esforzos do persoal da clínica veterinaria onde permanecía ingresado, Angelito non puido resistir e foise esta mañá. Sentimos non poder darlle uns últimos anos dignos que compensaran o sufrimento pasado.
Oxalá chegue o día no que os gatos e gatas da rúa esten controlados/as en colonias con supervisión veterinaria para non chegar a estos extremos de sufrimento e enfermidade e oxalá tamén algun día haxa un pouco mais de educación e empatía hacia os animais e cando se ve a un animal neste estado en vez de recibir patadas reciba a atención necesaria coa máxima urxencia, por desgraza parece que estamos moi lonxe aínda

Agradecemos ás persoas que vos interesachedes polo seu estado e estades facendo doazóns na nosa conta, sodes a esperanza neste mundo insolidario.