Descripción
DUENDI: Duendi é unha cadeliña de tamaño pequeno, e aproximadamente un ano de idade, que naceu nun aserradeiro. A súa historia comezou cando a súa nai, unha cruce de galga abandonada que tiña pánico as persoas, se buscou a vida durante meses camiñando quilometros, todos os días, dende as Neves a Ponteareas, onde a mirabamos polo centro do pobo. Estivemos detrás dela durante medio ano ata que pouco a pouco se deixou de ver. Pero un día tivemos noticias, a galga estaba vivindo nun aserradeiro onde un rapaz a estivera alimentando todo este tempo. O rapaz pouco a pouco foi gañandose a súa confianza e fixo dela unha cadeliña dulce e mimosa. Cando chegou o aserradeiro estaba preñada e sacou adiante unha preciosa camada da que quedaron sen encontrar fogar Duendi e o seu irmán. A Duendi a tivemos que coller cunha xaula porque a súa nai lle ensinou a desconfiar das persoas e non se deixaba tocar. Agora case dous meses despois de entrar no refuxio comeza a deixarse querer e pouco a pouco está perdendo o medo convertíndose na dulce cadediña que é. Duendi agora máis que nunca precisa un fogar. Un fogar no que teñan un pouco de paciencia e lle ensinen a vivir en familia e disfrutar da vida que tanto se merece. DUENDI, GALGA DUENDE EN BUSCA DUN FOGAR!
APADRINADA POR: SONIA PEREZ VIEITEZ