OMA, ADOPTADA POLO CEO.

18-07-2012

Oma era unha cadeliña coma calquera outra, invisible nun mundo que nunca soubo valorala. Chegou o refuxio en xaneiro do 2011, e ninguén se fixou nela.

Pasaron os meses e Oma comezou a deteriorarse, a vida do refuxio non era para ela. Perdeu moito peso e as patas de atrás, afectadas de displasia, comenzaron a fallarlle.

Pedimos deseperadamente acollida, pero nada, outra vez Oma seguía a ser invisible... ata que un día, chegou o seu anxo da garda con forma de home e de nome Miguel. El aceptouna tal como era, e non so lle fixo un oco na súa casa senón tamén no seu corazón. Coidouna e mimouna sabendo que o seu final podía estar moi cerca, Miguel deulle un ano de amor incondicional e ensinoulle que ela tamén era importante e merecia o mellor. A Miguel non lle importou o mal que o ia pasar él, cando ela se puxera moi maliña e o deixase para sempre.  Na súa persoa non colleu o egoismo, tan so as ganas de axudar e darlle os últimos meses de calor de fogar que Oma esperou toda a vida.  GRAZAS MIGUEL.