O avó Lee, ADOPTADO XANEIRO 2013
03-06-2012
Queremos contarvos o que nos aconteceu o pasado día 22 de Maio.
Tivemos un aviso, nos contaban que en Fornelos de Montes había un can na rúa cheo de mordiscos, ensanguentado e moribundo.
Aínda que a nosa capacidade no Refuxio está desbordada...como mirar para o outro lado?
O particular que deu o aviso ofreceuse a levalo onde precisásemos. Pedímoslle que o acercase a unha das clínicas que colaboran con nos, mentras unha voluntaria se acercaba ata alí.
Xa estaba todo en marcha...sen saber moi ben que faríamos despois.
Por fin o peludo chegou á clínica veterinaria "Sabuesos", sempre disposta a axudarnos, amosando a sua profesionalidade, vocación e amor polos animais.
Un lateral da cara ensanguentado e con varios desgarros.
Algunhas das lesións do fuciño eran antigas...
Despois das curas e da revisión, o veterinario nos dixo que as suas feridas aínda que impactantes, curarían con antibióticos, tempo e cariño...O problema é que descubriu un grave soplo no seu vello corazón.
Nesta situación, que podíamos facer? Levalo ó Refuxio, ca sua idade e no seu estado, ademais do problema de masificación, era imposible...Onde o levaríamos, entón?
Pero cando menos o agardas, aparecen as boas persoas...unha das nosas voluntarias ofreceuse como casa de acollida para Lee. Un lugar cómodo e tranquilo para poder recuperarse co agarimo da familia que nunca tivo.
En casos especiais ou de gravedad, como este do avó Lee, as casas de acollida supoñen a diferencia entre poder seguir adiante ou quedar no camiño. Abrirlle as portas do teu fogar e da tua familia a un animal que o necesita durante a sua curación ou ata que atope unha familia definitiva é un dos xeitos mais xenerosos e grandes de axudarlles. Por suposto, querremos moito ó peludo que acollamos, porque ademais de disfrutar do seu cariño, teremos o seu agradecemento por curalo, devolverlle a confianza en si mesmo e a alegría de vivir. Chegará o momento da despedida, pero non podemos pensar que o botaremos de menos, se non, en que grazas a esa xenerosidade, comezará a vida que sempre mereceu.
A seguinte nova do avó Lee, será na sua casa de acollida....
COIDATE MOITO LEE, BICOS DE TOD@S !!!!