Os lazos asasinos: A historia do noso Xerif

31-05-2012

Na nosa terra aínda quedan arraigadas vellos e atroces costumes como a dos LAZOS FURTIVOS. Pese os esforzos das autoridades e activistas segue a utilizarse na maioría dos nosos montes. Este metodo cruel é un artiluxio feito cun cable de aceiro trenzado, nun extremo ira atado, polo xeral, a unha piqueta, e no outro o lazo coma tal. Unha vez colocado calquer SER VIVO que se atope con él, quedará ATRAPADO. Canto mais intente zafarse a víctima, mais AFORCARA o lazo......Chegando o animal a arrincarse a pel nun intento desesperado de fuxir. Ademais das feridas causadas pola trampa, co paso das horas ou días o animal vai languidecendo.... Finalmente morre agonizando, extenuado ou por fame.

As portas do Refuxio contamos cun vixiante AMIGO....o noso Xerif particular.
El vive do outro lado das verxas, no Monte.....os voluntarios sempre o lembran así ...

Xerif non quere caricias...EL vixía FORA e nos cuida a TODOS ....pero dende lonxe.

Coma calquer tarde os voluntarios remataron as tarefas e marcharon cara as súas casas satisfeitos.....Todo quedou ben.
A mañán seguinte foi desoladora ..... os voluntarios atopáronse a Xerif coa pata dianteira dereita estrangulada por un LAZO.

Tivo que ser collido coa xaula...

 Estaba aterrado...non entendía nada..como explicarlle esta atrocidade...

Houbo que sedalo para poder curalo...

Os nosos voluntarios o acompañaron, como sempre nos fixo a nós, no veterinario ...VIXIANDO por él.

Afortunadamente o noso XERIF salvou a sua pata.

A Asociación Protectora de Animais "Os Biosbardos" recorda que os lazos son ilegais e que constituen un delito contra a fauna. Esto fai que nos atopemos con casos de todo tipo de animais amputados, discapacitados ou grave e cruelmente feridos. Estes métodos de captura están prohibidos pola lexislación comunitaria, nacional e autonómica por non ter un carácter selectivo, neles poden morrer atrapadas especies protexidas. Están castigados con penas de cárcere de catro meses a dous anos ou multa de oito a vintecatro meses.