ZOR, UN CASTRO LABOREIRO EN APUROS...

25-04-2013

Que é un Castro Laboreiro?

É unha antiga raza de can de Portugal, da freguesia de Castro Laboreiro, de onde lle ven o nome.

ZOR É UN CASTRO LABOREIRO

Como é o seu carácter?

Cos donos é agarimoso e rebuldeiro e confíalles unha gran fidelidade, ademais é paciente e coidadoso cos nenos, ofrecendo sempre un amplo sentido de protección con eles, cos donos e coas persoas máis achegadas ao entorno familiar.

 

É un can de casa ou piso?

Este tipo de cans necesita exercicio diario, polo que non se adaptan moi ben a vida de piso sedentaria. Son felices en casas con xardín e con paseos diarios.

 ZOR ten 8 anos e medio, e xa é hora de que atope o seu fogar definitivo.

Cando o recollemos tiña unha marca ó redor do pescozo, de levar moito tempo encadenado.

Este grandullón lévase ben cos gatos e con outros cans, e sabe andar con correa.

QUERES COMPARTIR A TÚA VIDA CON ESTE GRANDULLÓN???