A VIDA NO REFUXIO É MOI DURA...

06-03-2013

Volvo foi atacado o 22 de febreiro..... o refuxio está saturado, hai moitos animais convivindo nun espazo moi reducido e esta situación lles produce estres e se pelexan entre eles. Cando Volvo foi atacado habia voluntari@s que chegaron a tempo para socorrelo, pero outras veces as pelexas acaban en traxedia. Volvo acaba de nacer, queremos que esta imaxe de Volvo faga conciencia e que as persoas que teñen un oco na súa casa acollan ou adopten responsablemente.
O refuxio e as nosas casas de acollida atopanse completamente desbordadas pola gran cantidade de animais abandonados, nestes momentos non podemos recoller un só animal mais sin poñer en perigo a sua vida ou a dos animais que xa se atopan no refuxio. Hai cans que levan meses vivindo en pequenos caniles sen poder saír porque son acosados, as habitacións de adaptación están completamente saturadas tanto de animais recen chegados como de cans que levan media vida vivindo no refuxio e agora están sendo acosados. Temos animais enfermos, por idade ou por acoso vivindo no refuxio, porque non temos donde metelos, temos cerca de 100 animais en casas de acollida e as adopcións son escasas.

NECESITAMOS CASAS DE ACOLLIDA E ADOPCIÓNS RESPONSABLES!

Teléfonos de Lunes a Viernes ADOPCIONES y CITA PREVIA:

*INFO MAÑANAS (10:00 a 13:30): 600 356 891

*INFO TARDES (16:30 a 20:00): 600 356 891

*(De Lunes a Viernes. Por favor respetad los horarios y los días, no olvidéis que somos voluntarios con trabajos y otras obligaciones que atender)

EMAIL: protectoraosbiosbardos@gmail.com

CUENTA: NOVAGALICIA BANCO 2080-5435-51-3040123305

DONAR CON TARJETA DE CRÉDITO O PAYPAL:
https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=VYWN9B9D3TAGN 

 

CACHORROS CRECENDO SEN A CALOR DUN FOGAR...