“OS BIOSBARDOS” VAI A ESCOLA!!

14-05-2012


CHARLAS DE CONCIENCIACIÓN PARA O COIDADO E RESPETO AOS ANIMAIS
Queremos contarvos a todos o proxecto que dende “Os Biosbardos” queremos facer realidade. Unha das nosas ilusións: A CONCIENCIACIÓN SOCIAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS e a difusión de campañas educativas para fomentar o respeto e o coidado de tódolos seres vivos, como ben din os nosos fundamentos.
Desas inquedanzas nace este proxecto, centrándonos nos colexios.
O pasado 11 de maio no Colexio Marista “Santa María “ de Tui impartimos unha charla ós alumnos de Primeiro e Segundo curso de Primaria.
Intentamos explicarlles que ter un can é unha grande responsabilidade. De cachorros todos son fermosos, pero medran e envellecen coma nós. Unha decisión que conleva “sacrificios” como alimentalos, pasealos, asealos, vacinalos e desparasitalos, recoller as “cacas”, coidalos aínda mais cando sexan vellos,…
Todo isto quixemos transmitirlo a través dun conto enfocado á idade d@s alumn@s , onde reflexamos na nosa mascota Parche os valores que queremos inculcar á sociedade, na que os nenos e nenas desenvolven un papel moi importante xa que eles son o noso futuro.
Acolleron moi ben a charla, xa que ao remate da mesma se involucraron moito facendo preguntas e demostrando que estiveran moi atentos e entenderan o mensaxe que lle queríamos transmitir.
Queremos agradecer a atención recibida por parte da Dirección e do profesorado do Colexio Marista que nos axudou en todo momento. 

Colexio Marista en Tui

Presentación de "Os Biosbardos"

Todos moi atentos...

Non perdían detalle...

Agora comezan os...

...ooooohhhhh...

...aaaaahhhhh...

E para rematar, rolda de preguntas
 

 

O NOSO PARCHE, NA ESCOLA!