AXUDA PARA QUIÑO, PRECISA UNHA ÚLTIMA OPERACIÓN!

01-07-2013

Quiño é outro podenco tirado á rúa sendo apenas un cachorriño, naide se interesou aínda por el a pesar da triste historia que acarrea, foi recollido atropelado e cunha pata rota fai xa 2 anos, despois de sufrir 3 operacións e non dar recuperado a movilidade agora precisa unha cuarta e definitiva operación na que se fixará a pata e coa que rematará por fin a dor e poderá voltar a apoiala.

A pesar de toda a dor sufrida e as longas convalecencias das operacións, Quiño é un can cheo de vitalidade e alegría, cunhas ganas enormes de saír, correr e recuperar o tempo perdido, para o cal precisa atopar esa familia definitiva coa que comezar unha nova vida de catro patas.

É moi agarimoso e seguro saberá recompensar cos seus mimos e cariño á persoa que se fixe en el e lle ofreza o seu fogar xa que ante todo Quiño é agradecido e a pesar do pouco que recibiu ata agora el sempre está disposto a dar e a comezar de novo.

UNHA OPORTUNIDADE PARA QUIÑO, PRECISA UNHA ULTIMA OPERACIÓN E GUSTARÍALLE PASALA XA EN FAMILIA, está perfectamente educado e gustalle moito estar dentro da casa polo que nun piso se adaptaría perfectamente.

ADOPCIÓN PARA QUIÑO!

PRECISA UN FOGAR PARA RECUPERARSE!

 

TELÉFONO INFORMACIÓN:

DE LUNS A VENRES (10:00 a 13:30) - (16:30 a 20:00)

 600 356 891

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com

COLABORAR CUSTOS VETERINARIOS:

NOVAGALICIA BANCO: 2080-5435-51-3040123305

 

QUIÑO PRECISA UN FOGAR DEFINITIVO! FINAL FELIZ DE QUIÑO!