GATITOS EN ADOPCIÓN

07-08-2012

 

ZOE EN BUSCA DE ACOLLIDA OU  ADOPCIÓN 

Zoe colouse na finca dunha persoa en busca de mimos e comida, por desgraza non é a residencia habitual da familia e non a poden levar con eles polo que a pequecha pasa moito tempo soíña.

Zoe é unha gatiña moi cariñosa, sociable con persoas, cans e gatos, tranquila e noble que merece atopar un fogar onde ser a princesiña e onde lle poidan dar eses mimiños que tanto lle gustan!

FICHA DE ZOE: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/785/

 

 

 

600 356 891

De Lunes a Viernes (10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:00)

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


 

 

 

 

¡¡ OBLIO, PEQUERRECHO EN ADOPCIÓN !!

A Oblio levaban semanas intentando collelo, pois o estado no que se atopaba era realmente crítico. Cando por fin o conseguiron descubrimos o que xa nos temíamos. Oblio ten os dous olliños cheos de pus e un deles a piques de sairselle da cunca do ollo. Aínda hay que facer probas pero o máis seguro é que quede ceguiño polo menos dun ollo. (Cousa que non lle impide facer vida completamente normal).

O pequeno Oblio é un loitador que na súa curta vida xa sabe o que é sentir medo, tristeza e dolor. Aínda así, este pequecho está cheo de amor e encántanlle os mimos.

Agora agarda na súa casa de acollida onde se está recuperando a que alguén lle de a oportunidade de formar parte da súa vida, familia e fogar onde sentirse querido e protexido para non ter que volver a sentirse indefenso.

 

 

600 356 891

De Lunes a Viernes (10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:00)

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Marzo - 2013 ¡¡ POALLA EN ADOPCIÓN !!

POALLA: Esta preciosa gata menudiña foi recollida malferida no monte. Agora espera impaciente un fogar definitivo na que a queiran e mimen como tanto se merece.

FICHA DE POALLA http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/427/

Los interesados, pueden ponerse en contacto: 600 356 891

De Lunes a Viernes (10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:00)

Correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com

------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Xullo- 2013

Rockero, Bono e Triana

 

 

 Os interesados poden poñerse en contacto no 600 35 68 91

de luns a venres de 10:00h a 13:30h  e de 16:30h a 20:00h

protectoraosbiosbardos@gmail.com

 ------------------------------------------------------------------------------

Xuño- 2014

Greta e as súas bebés Pearl, Jam e Janis (As pequechas xa adoptadas)

Greta: A Greta a deixaron abandoada xunto as súas 3 gatiñas dentro dunha caixa plástica da que non podían saír e onde a única entrada de aire era unha pequena rendixa. As deixaron no monte a pleno sol nun día de moito calor polo que se non chega a ser pola persoa que as atopou houbesen morto asfixiadas ou por golpe de calor.

Agora que as pequechas foron adoptadas necesitamos atopar unha familia para mami Greta!

FICHA DE GRETA: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/700/

 

 

Os interesados poden poñerse en contacto no 600 35 68 91

de luns a venres de 10:00h a 13:30h  e de 16:30h a 20:00h

protectoraosbiosbardos@gmail.com

---------------------------------------------------------------------------

 

Xuño- 2014

GATIÑ@S EN ADOPCIÓN!
Recollidos con apenas 15 días cheos de ovos de moscas e larvas. Grazas a sua casa de acollida conseguiron saír adiante e agora con mes e pouco precisan atopar un fogar definitivo. Son 3 machos atigrados, 2 machos negros e unha femia tipo siames.

Os interesados poden poñerse en contacto no 600 35 68 91

de luns a venres de 10:00h a 13:30h  e de 16:30h a 20:00h

protectoraosbiosbardos@gmail.com

------------------------------------------------------------------------------------------------------



¡¡ ARENITA EN ADOPCIÓN !!



A Arenita algunh@ desalmad@ deixouna nas inmediacións do refuxio. Un perigo total pois o monte é coto de caza e os cazadores poderían habela confundido con un coello e matala ou haber resultado malherida o ser atacada por algún can.

Por sorte nada de iso ocorreu e ela está sana pero como sabedes non temos instalacións para gat@s e tampouco temos ningunha casa de acollida libre polo que urxe atopar acollida ou adopción para Arenita.

É unha gata mimosiña, doce e sociable que está desexando atopar unha familia que a coide e queira para sempre.

FICHA DE ARENITA: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/786/
 

 

Galerías de fotos