DONATIVOS, AXÚDANOS A AXUDALOS.

01-01-2019

A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos foi constituída en xaneiro de 2011 por persoas voluntarias do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas. Temos como obxetivo principal a xestión do refuxio e a consecución de medios para poder sustentalo xa que carecemos de calquer tipo de axuda pública; realizando ademáis unha incansable laboura de concienciación social sobre o grave problema do abandono e maltrato animal, promovendo a adopción, esterilización e educación social en dereitos animais. Dende fai xa demasiados meses atopámonos nunha situación económica insostible debido ós numerosos gastos ós que temos que facer fronte diariamente. Cada ano chegan á familia biosbarda unha media de 350 animais, os cales son desparasitados e esterilizados en todolos casos, e vacinados tamen os cachorros. Ademais desta atención básica asumimos tamén o gasto en atención veterinaria mais específica xa que moitos animais chegan a nós nunha situación lamentable; con patas rotas, desnutrición, insuficiencia renal, sarna, leishmania, tumores… Á atención veterinaria temos que sumar o gasto en manutención dos 401 animais que se atopan de media baixo a nosa responsabilidade, os gastos de desprazamento que conlevan as adopcións e acollidas, material sanitario e farmaceutico, productos de limpeza, materiais para o mantemento e mellora das instalacións, gasto teléfonico, etc. Explicamosvos aquí algunhas das formas de colaborar para que este traballo continúe sendo posible, seguro que atopas a túa!:

- Podes facer unha doazón a APA OS BIOSBARDOS directamente na nosa conta de ABANCA:

IBAN: ES38 2080 5435 5130 4012 3305

SWIFT/BIC : CAGLESMMXXX

- Fai unha doazón a través de PayPal:

- Faite teamer da protectora por tan só 1 euro ó mes!:

- Faite madriña/padriño: (Cota 6 € ao mes)

http://protectoraosbiosbardos.org/formulario-padrino/

- Faite soci@: (Dende 20 € ao ano)

http://protectoraosbiosbardos.org/formulario-socio

- Merca na nosa tenda virtual en facebook "A TRASTENDA DE PARCHE":

http://A Trastenda De Parche Os Biosbardos

- Dona: Calquera cousa que esté en bo estado e consideres que se pode vender na nosa tenda virtual en facebook A TRASTENDA DE PARCHE e nos nosos mercadillos de recaudación de fondos (libros, cds, xoias, obxetos de decoración, etc).

- SI QUERÉIS DONAR MATERIAL (COMIDA, MEDICINAS, MATERIAL SANITARIO, CORREAS, COLLARES Y ARNESES, PRODUCTOS DE LIMPIEZA...) PARA LOS PERROS DEL REFUGIO PODEMOS FACILITAROS LAS DIRECCIONES DE LOCALES COLABORADORES DONDE DEJAR LAS COSAS EN VIGO Y PONTEAREAS.

- Ou ben envialo por correo ordinario no:

- Máis información no correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com ou no 600356891 (10-13,30)(16,30-20) de luns a venres.