PRECISAMOS AXUDA PARA REPARAR E ACONDICIONAR O REFUXIO!

25-05-2014

PRECISAMOS AXUDA PARA REPARAR E ACONDICIONAR O REFUXIO! INFÓRMATE E COLABORA!

Agora que chega o bo tempo os peludos e peludas biosbardas vos piden axuda para reparar e acondicionar o refuxio de cara ó vindeiro inverno xa que vaise deteriorando e @s voluntari@s apenas teñen tempo nin recursos para facer fronte as reparacións.

Precisamos uralitas para os tellados, cemento, bloques, area, grava, mallas e redes, postes, ladrillos, portas, verxas…. e tamén unha escada, sachos e palas.

Se podes doar algún destes materiais ou similares que poidamos usar envíanos un correo a protectoraosbiosbardos@gmail.com.

Se queres colaborar cunha doazón económica fai o ingreso na nosa conta de Novagaliciabanco: IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305 - SWIFT/BIC : CAGLESMMXXX, poñendo en concepto o teu nome e a palabra REPARACIONS.

DONAR CON PAYPAL:
https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=VYWN9B9D3TAGN

Unha vez reunamos o material necesario organizaremos e publicaremos as datas nas que realizaremos as obras , para as que tamen precisaremos axuda; se controlas de albañilería, electricidade, fontanería, xardinería, etc. ou se simplemente queres colaborar a que @s peludiñ@s pasen un inverno mais quentiño e confortable escríbenos un correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com .

Moitisimas grazas a todalas persoas que poidades colaborar, seguro que entre tod@s conseguiremos un refuxio mais habitable e confortable, pensando sobre todo nos que nunca terán a oportunidade de coñecer un verdadeiro fogar e nos recén chegados, que xa que teñen que pasar polo sufrimento do abandono que sexa nas mellores condicións posibles.