ADARA, EN PROCESO DE RECUPERACIÓN...

13-12-2014

Esta é a historia de Adara, unha historia que por desgraza se repite a diario no mundo, e en concreto neste país, onde os animais son escravos ó noso servizo e onde as súas vidas non teñen a menor importancia. A diferenza nesta ocasión é que por sorte para Adara alguén que os ve como iguais cruzouse no seu camiño:

Adara foi atopada por unha das nosas voluntarias nunhas condicións terribles, estaba tirada na beirarúa dunha estrada, sen moverse e botando espuma pola boca. Unha muller lle dixo que levaba alí dende a mañá e que ao principio "Chillaba como una persona". Pero a ninguén se lle ocorreu auxiliala e levala ó veterinario. ¿Para que? Só é unha cadela...

Por sorte, a nosa compañeira non mirou cara o outro lado, recolleu a pequecha Adara e foi a un veterinario de urxencia onde confirmaron que tiña a cadeira rota en varios anacos.

Operámola e todo parecía ir ben, pero complicouse cando as feridas da operación infectáronse a pesar dos medicamentos e as curas. Outra vez houbo que voltar a operala pois parecía que o seu organismo non tiña armas para combater tantos pesares.

Pero subestimábamos a forza que da a esperanza, esa esperanza que ten Adara agora, que se ve nunha casiña, aínda que é de acollida, onde a tratan con respeto, amor, e onde a indiferenza non ten cabida.

Non queremos cantar vitoria anticipadamente, aínda queda un longo e duro proceso de recuperación por diante e poden surxir complicacións.

Pero desta segunda operación a pequena loitadora saíu mellor parada, está animada e con ganas de recuperarse para namorar coa súa fermosa cariña e dozura esa familia definitiva que nunca xamais a volte a deixar tirada.

Por outra parte, se non podes adoptar a Adara, pero queres axudarnos a pagar os seus custos veterinarios e os que conleva a recuperación, podes facerte soci@, apadriñala, facerte teamer ou donar a cantidad que consideres directamente na nosa conta:

ABANCA IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305

 SWIFT/BIC: CAGLESMMXXX

Como sabedes non temos subvencións, necesitamos da vosa axuda para seguir rescatando animais necesitados. Calquer axuda, por pequena que te pareza, para nós é vital. Graciñas!

DONAR CON PAYPAL:
https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=VYWN9B9D3TAGN

APADRIÑA A ADARAhttp://protectoraosbiosbardos.org/formulario-padrino/807

FICHA DE ADARA: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/807/