A APA Os Biosbardos PRECISA AXUDA para seguir axudando!!

11-03-19

ENTRA NO ENLACE DA NOSA RECAUDACIÓN DE FONDOS: https://www.facebook.com/donate/422374328514705/10156228228785415/

A día de hoxe temos un total de 441 animais á cargo da Asociación.
Neste último ano recollimos un total de 290 cadelas e cans e 144 gat@s.

Detrás destas cifras que son vidas rescatadas hai un gran gasto veterinario e de manutención. A débeda actual asusta, nunca acadamos uns números tan altos; precisamos a axuda de todas e todos vos para continuar salvando vidas do abandono.

Imos sumando débeda ó mesmo tempo que imos sumando animais salvados. Cada ano incrementamos o número de animais rescatados.

O maior desembolso é o dos gastos veterinarios e de alimentación. Ademáis dos gastos habituais de desparasitacións, pequenas enfermidades, esterilizacions, etc.. temos tamen un elevado gasto en atender urxencias de animais atropelados con patas rotas ou outras feridas graves que precisan operacións, ingresos, tratamentos.. en enfermidades graves dos biosbardos; e tamen na atención dos animais maiores e enfermos crónicos que están en fogares de acollida (pilar fundamental da Asociación) que precisan piensos especiais, medicacións e probas periódicas.

Pese a todo non deixamos nunca de atender unha urxencia e rescatar a tódolos animais posibles. Desvivímonos día a día na súa atención no refuxio, difundindo, buscando fogares de acollida e adopción, realizando obras para mellorar as instalacións, recollendo animais da rúa, xestionando colonias felinas, levando e traendo os animais aos fogares e clínicas veterinarias, poñendo postos nos mercadillos, festivais, xornadas de adopción e un longo etc. O traballo non ten fin e facémolo adicándolle tódalas nosas enerxías e tempo libre xa que a equipa biosbarda está composta exclusivamente por persoas voluntarias.

É marabilloso todo o conseguido, son números incríbles de crecemento continúo ano tras ano.
Entre o voluntariado incansable, adoptantes, familias acolledora, veterinarias/os colaboradoras/es, madriñas e padriños, socias/os e persoas colaboradoras de calquera xeito formamos unha gran familia que saca adiante este proxecto pero para seguir atendendo a tódolos animais biosbardos e continuar asumindo o rescate de novos animais precisamos mais axuda.
Agora mesmo debemos 19.000€ que se correponden con 5 meses de facturas de pienso e un total de 12 facturas veterinarias repartidas entre as 5 clínicas colaboradoras.

Axúdasnos a superar este bache e continuar traballando con enerxía? Lembra que por pequena que sexa a túa aportación significará moito para @s pelud@s biosbard@s, mil grazas por adiantado!

Se o prefires podes facer unha doazón no noso número de conta:
ABANCA IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305

SWIFT/BIC : CAGLESMMXXX

Ou doar con PAYPAL:
https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=VYWN9B9D3TAGN

Considera axudarnos dunha forma máis estable o que nos dará tamen a nós máis estabilidade e confianza no proxecto:

- Faite socia/o: http://protectoraosbiosbardos.org/formulario-socio
- Amadriña/apadriña: http://protectoraosbiosbardos.org/formulario-padrino/
- Faite teamer: https://www.teaming.net/osbiosbardos

Lembramosvos tamén que temos unha tenda virtual de merchandasing biosbardo e artigos de segunda man. Mercando nela axudarás ao mantemento da Asociacion e tamén podes doarnos os artigos que xa non uses para que teñan unha nova vida solidaria con nós!: https://www.facebook.com/atrastendadeparche/

11/03/2019: TOTAL DE 441 ANIMAIS Á CARGO DA ASOCIACIÓN
DATOS 2018:
290 Cadelas/cans recollid@s
230 Cadelas/cans dad@s en adopción
144 gat@s recollid@s
100 gat@s dad@s en adopción
18 cadelas/cans perdid@s devolt@s