O NOSO PARCHE, NA ESCOLA!

15-06-2012

CHARLA EDUCATIVA COLEXIO MALLÓN DE NIGRÁN E NOSA SEÑORA DE LOURDES DE MONDARIZ BALNEARIO.

O pasado 1 de xuño no Colexio Mallón en Nigrán e o 11 de xuño no Colexio Nosa Señora de Lourdes en Mondariz Balneario, impartimos charlas educativas @s alum@s para fomentar o respeto e coidado de tódolos seres vivos.
Intentamos explicarlles que ter un can é unha grande responsabilidade. De cachorros todos son fermosos, pero medran e envellecen coma nós. Unha decisión que conleva “sacrificios” como alimentalos, pasealos, asealos, vacinalos e desparasitalos, recoller as “cacas”, coidalos aínda mais cando sexan vellos,…
Todo isto quixemos transmitirllo a través dun conto enfocado á idade d@s alumn@s , onde reflexamos na nosa mascota Parche os valores que queremos inculcar á sociedade, na que os nenos e nenas desenvolven un papel moi importante xa que eles son o noso futuro.
Acolleron moi ben a charla, xa que ao remate da mesma se involucraron moito facendo preguntas e demostrando que estiveran moi atentos e entenderan o mensaxe que lle queríamos transmitir.
Queremos agradecer a atención recibida por parte da Dirección, profesorado e persoas que se implicarón no noso proxecto.

COLEXIO MALLÓN DE NIGRÁN

COLEXIO NOSA SEÑORA DE LOURDES DE MONDARIZ BALNEARIO

 

 

 

 

“OS BIOSBARDOS” VAI A ESCOLA!! CHARLA NO COLEXIO