Fin de semana de cine...curto.

31-05-2012

O pasado 25 e 26 de maio, coma xa sabedes, estivemos no Festival de Cine de Cans.

Acudimos co noso posto Biosbardo para dar información sobre o Refuxio e recaudar fondos para sostelo…coma ben sabedes non contamos con ningunha axuda oficial.

Este ano ó Festival acudiron 10.000 persoas, para as cales agardamos que de algún xeito os nosos peludos sexan mais visibles.

Entre esas persoas nos atopamos con Xosé Antonio Touriñán, actor e presentador do programa "Tourilandia" da TVG, coñecido tamén polo programa Land Rober (con Roberto Vilar), e polas "Cantareiras de Ardebullo", ("Mucha" e "Nucha"), entre outros programas e series da televisión galega.

Touriñán confirmounos o que xa sabíamos, que é solidario e sensible coa problemática dos abandonos de animais na nosa terra. Interesouse pola labor do Refuxio e animounos a seguir adiante cos nosos peludos.

 "Para os meus amigos/as dos Biosbardos". Touriñán.

Pouco a pouco somos mais os que pensamos que tódolos animais merecen ter unha vida digna.

Sen maltratos, sen cadeas, sen abandonos, sen indiferencia, sen crueldade,...

Sen peludos de primeira e segunda clase, que por non pertencer a unha determinada raza son condeados a ser invisibles.

Pouco a pouco, AMIGOS...pouco a pouco.


Queremos dar as GRAZAS, coma sempre, a todos os voluntarios e as persoas que de algún xeito colaboraron con nos. 

 

“ Os Biosbardos” van de cine coas estrelas galegas!