O mercadillo foi un éxito. GRAZAS!!

14-05-2012

MERCADILLO SOLIDARIO CONTRA O MALTRATO ANIMAL. 13/05/2012

Como ven acontecendo o segundo domingo de cada mes, o movemento contra o maltrato animal "Operación Huella" organizou un "mercadillo solidario" en Navia (Vigo), para apoiar ás protectoras de animais da provincia.

"Os Biosbardos" estivemos alí.

Grazas a toda a xente que ó mercar no posto nos axuda enormemente a poder continuar coa nosa labor.

Grazas a xente que se acercou ó posto para doar libros, periódicos, ...

Grazas as casas de acollida que levaron ós nosos "pequenos" para tentar atoparlles unha familia.

Grazas a "Serigrafía More"....as camisetas foron un éxito total!!

Grazas a labor de todos os voluntari@s que invisten o seu tempo de lecer na nosa pequena gran familia, todos xuntos podemos!!!

Grazas a "Operación Huella" por organizar este mercadillo e convidarnos a participar.

Agardando non esquecernos de ninguén que de calquer xeito nos axude, grazas a todos e cada un de vos.

Sigamos a promover as adopcións e a loitar contra o maltrato animal.

Sexamos a voz dos que non a teñen.

Vémonos na seguinte!!

Posto Os Biosbardos

Posto "Os Biosbardos"

Que fermoso todo!!

Que ambientazo!!

Dicen que lles encanta o posto!!

Lisa acudiu a buscar unha familia..Segue esperando...

Como mola o meu pano!!...Este Matías....

Moro tamén nos visitou...un vello coñecido!!

Elma tamén foi a buscar unha familia...Non perde a esperanza!!

Que ben o pasamos!!

Ata a próxima!!