Axudádenos a difundir a Pinocho para darlle a súa merecida oportunidade.

02-06-2016

Canto máis coñezo a seres tan especiais como Pinocho máis me reafirmo en que vivimos nunha sociedade en decadencia de valores, enferma de egoísmo, anestesiada pola televisión. Pinocho tivo a desgraza de nacer con catro patas e hocico de podenco, quizá si houbese nado Golden, Bóxer, Bulldog, Caniche, Yorkshire.....A súa sorte podería ser outra. Pero non foi así, naceu para satisfacer os asquerosos, repugnantes e enfermizos caprichos dun cazador. Un asasino en serie con sede de sangue que o usou como se usa un obxecto de pouco valor, algo que non merece a máis mínima consideración. Cando considerou que o seu xoguete dos domingos xa non lle era de utilidade pegoulle un tiro na cabeza e deixouno moribundo, desangrándose, desexáballe unha morte moi lenta, o máis cruel e dolorosa posible. Aínda non nos explicamos como puido resistir nesas condiciones pero fíxoo, apareceu da nada para pedir axuda, o seu corpo estaba totalmente roído pola sarna, cómo esquecer aquela mirada de súplica. A Pinocho custoulle pero saíu adiante, as ganas de vivir puideron. Recordo os comezos, perdía o equilibrio debido a a bala que tiña arroxada na súa cabeciña, quería subirse a recibir mimos e caíase para os lados. Non podía coordinar o seu corpiño para subir escaleiras. No seu afán de superación logrou voltar facer unha vida totalmente normal para un can da súa idade, aínda é moi novo e gústalle correr, xogar pero sobre todo dar e recibir mimos. Só un ser con catro patas e hocico pode ser tan nobre e cariñoso logo do vivido. Pinocho está recuperado e busca a adopción que ata agora se lle negou por ser un can máis, un podenco marrón como moitos outros, por non ser o máis novo nin o máis guapo nunha sociedade na que o físico e a mocidade son os máximos exponentes de éxito. Pinocho só busca ser feliz, algo que debería estar ao alcance de todas e todos sen importar raza nin idade. Axudádenos a difundir para darlle a súa merecida oportunidade.

FICHA PINOCHO: http://protectoraosbiosbardos.org/ficha/667/

 

Pinocho, un ser muy especial.