FINAL FELIZ DE QUIÑO!

13-03-2014

Esta é unha desas novas que nos encantaría poder contar todalas semanas, QUIÑO, un dos biosbardos mais necesitado dun pouquiño de boa sorte, por fin comeza unha nova vida en familia!!!  El está feliz e nós con el!!

Quiño foi recollido en setembro de 2011 cunha pata dianteira rota a consecuencia dun atropelo.  Despois de pasar durante estos 2 anos por varias operacións nas que se intentou que conservara a pata finalmente isto non foi posible.

 A súa familia de adopción non puido aparecer en mellor momento para el, precisaba un fogar no que afrontar o que pensabamos sería a última operación e por fin un soplo de boa sorte chegou a el. 

Agradecemos enormemente a Bea e Álvaro a oportunidade que lle brindaron a Quiño ó acollelo preguntando simplemente cal era o mais urxente neses momentos na protectora. E por suposto, a decisión posterior de adoptalo xa que a pesar de todo o sufrimento pasado grazas a el@s comeza agora unha nova vida chea de bos momentos cos que esquecer o pasado. 

O noso refuxio non está habilitado para poder albergar animais enfermos ou convalecientes como Quiño,  este final feliz non sería posible sen a implicación da voluntaria que o atopou que decidiu levalo para a sua casa ou sen as duas seguintes casas de acollida polas que Quiño pasou antes de atopar o seu fogar definitivo.

Se queres colaborar como fogar de acollida axudando aos que mais o precisan infórmate no noso correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com o refuxio corre cos gastos de veterinarios e de alimentacion.

 

AXUDA PARA QUIÑO, PRECISA UNHA ÚLTIMA OPERACIÓN!