REMEDITOS E DIANA

10-07-2013

A MIÑA VIDA CON UN PODENCO

Sempre me preguntei que pasaba cos podencos nas protectoras, canceiras, refuxios, etc.. Por qué son invisibles? Por qué pasan toda a vida ocultos para nós, os adoptantes, conformándose cunha caricia rápida mentres nos fixamos noutros? Por qué teñen todas as papeletas para morrer no refuxio sen coñercer máis amor que os dos voluntarios e sen embargo felices porque para eles foi suficiente e moito millor que o que tiñan antes? Pois ben amiguiños, teño a desposta, e é tan sinxela que non sei como non me decatei antes:OS PODENCOS SON A OBRA DE ARTE MÁIS PERFECTA DO MUNDO PERO, POR DESGRACIA, SON DEMASIADOS.
É coma cando vas a un museo cheo de obras famosas e hai tanto que ver que é imposible “VER” algo… A Gioconda? Moi bonita pero veña rapido que nese pasillo está Delacroix… Sen embargo cando tes na casa unha filmina ou reproducción de cada unha das obras polas que simplemente pasaches, daste conta da sua orixinalidade e do especial que é.
Pois eso, eso é exactamente o que lle pasa os podencos!! Pasamos de largo pensando, sí si, moi bonito, e este tamen, e este outro que orellas máis riquiñas! ou qué cara de pillo! e nada máis que un examen rápido porque hai moitos que ver e así, en conxunto, non me dín nada.. Pero un día, por calquer circunstancia da vida, tes a sorte de compartir a vida con algún podenco e de repente a nosa visión amplíase! e pensas.. cómo non me fixei antes do guapo ou guapa que é? dese xeito tan seu de mirarme, ou de facerme unha festa cando lle poño a comida.. non quero nin imaxinarme cómo podía vivir antes sen estar tapadiño ou paseando conmigo correndo e coméndose a vida a bocados… cómo estaría antes o frío, ou nunha xaula sen moverse co toliño que é?
Que porqué eu o sei? Esta é a miña razón, REMEDITOS

 Quen siga a paxina do face do refuxio ten que estar farta da nosa historia, sempre que teño oportunidade poño fotos ou conto cousas dela pero a verdade e que estou orgullosa da miña Reme e paréceme unha das cadelas máis bonitas do mundo (con permiso das suas irmans claro).
Remeditos foi adoptada no Refuxio dos Biosbardos pero sen pasar por él, de casa de Angie pasou a nosa, e estou enormemente agradecida de haber escollido non escoller porque podería non fixarme nela, escoller a outro e agora mesmo non estariamos xuntas, ela entraría no refuxio (co pequeniña e vella que é), metida nun canil polo seu tamaño, ou incluso estar morta. Pero non quero pensar neso.
Que diferencia, ademáis das obvias, vedes entre estas fotos

  

E estas outras?

  

 

 

A diferencia principal entre elas é a VONTADE e a OPORTUNIDADE; esta cadeliña era unha máis de tantas, sen nome, sen esperanza, sen alegría e de repente unhas rapazas apostaron e loitaron por ela, curáronlle a sarna, esterilizárona e coidárona na súa casa ata que chegou a nós, quenes invertindo tres anos en paciencia, respeto e amor convertíuse en Remeditos, esa cadela tan especial, con canicas en vez de ollos, que sempre ten unha patiña para pedir mimos, que durme como un porquiño e que morre de amor polo seu papá. Ela é nosa, e nós dela... a nosa podenquiña, a nosa princesiña,...
Remeditos é velliña e pouco a pouco vaise apagando cos achuchóns da idade, pero volvería a facelo unha e outra vez, a dor pola súa pérdida é un prezo xusto polo regalo dos seus últimos anos.
Penso en todos os que quedan e non teñen a oportunidade de desfacerse do abandono como quen saca un traxe vello relucindo a personalidade que sempre tivo, e pídovos que non miredes senon que vexades, porque a vista é espectacular.

 Un saúdo para todos da Reme

 

NEO, DUNA E CRISTINA ANNIE E LIZ