VESPA E YOLI

01-07-2013

 VESPA E YOLI, A IMPORTANCIA DAS CASA DE ACOLLIDA...

 Vespa foi recollida nunha parroquia de Ponteareas xunto coa súa nai Kia e os seus irmáns Honda, Chrysler, Harley e Rover.

Debido a gran cantidade de lombrices e parásitos que tiñan, Vespa e Honda se puxeron maliñas. 

Despois de estar pouco máis de un día ingresada, Honda xa estaba como nova e regresou cos seus irmás e coa súa mamá Kia.

Vespa tivo que estar algúns días máis, pero finalmente tamén segresou coa súa familia.

Sen embargo, debido ó débil que estivera Vespa, necesitabamos unha acollida para ela. Os seus irmáns estaban moito máis fortes e Vespa estaba quedando arrinconada.

Necesitabamos unha casa de acollida que estivese pendente de Vespa, pendente de se comía, se bebía...

E ahí apareceu Yoli Romani...

A pesar de  todos os coidados de Yoli, a nosa Vespa seguia débil. Deixou de comer, perdeu a movilidade nunha das patas traseiras e comezou a mordese o rabiño, e de novo tivo que ser ingresada.

O veterinario nos di que pode ter "espiña bífida" ou un problema metábolico que lle impide desenrolarse con normalidade (estamos a espera das probas).

Ten o rabiño vendado porque perdou a sensibilidade nel, e comezou a mordelo o lle que produce que se  cangrene.

Finalmente hoxe (01/07/13) Vespa tivo que ser operada para amputarlle o rabiño, pero...

GRAZAS a súa casa de acollida, grazas a Yoli, Vespa volveu recuperar as gañas de comer e xa ten máis movilidade na patiña. 

 


Videos relacionados

BARRI E MAMEN