OS BIOSBARDOS NO BLOG DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA

18-06-2013

 Gracias a PAH polo seu apoio á nosa causa e por axudarnos coa difusión

 

“Os Biosbardos”, protectora de animais.

biosbardosHoxe cedémoslle este espazo ao Refuxio “Os Biosbardos“, unha protectora de Ponteareas que fai unha labor inmensa polos animais abandonados.

A Asociación Protectora de Animais “Os Biosbardos” é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en xaneiro de 2011, froito da unión de varios voluntarios. O Refuxio funciona unicamente grazas ao traballo diario e desinteresado de voluntarios e non recibe ningún tipo de aportacións económicas das administracións, sendo o único modo de subsistencia as aportacións de voluntarios, socios, padriños, doazóns…

Os animais acollidos son coidados coa maior dignidade posible dentro dos nosos limitados recursos e a pesar de todos os inconvintes contra os que temos que loitar a diario o noso fin é atoparlles a todos e cada un deles un fogar onde os coiden, queiran e traten dun modo responsable. Neste último ano o Refuxio tamén sentiu as garras da crise, deixándonos unha situación practicamente insostible. O Refuxio atópase saturado de cans e cadelas abandoados, e outros moitos que sofren o abandono nas rúas, xa que nos é imposible recollelos a todos.

Ti tamén podes axudar, COLABORA! Adopta, Apadriña, Acolle, Faite Socio/a…. Colabora como voluntario/a…

 CONTÁCTANOS E AXÚDALLES: Tlfn 600 356 891 Luns a Venres (10:00h-13:30h e de 16:30h. a 20:00h.)

Máis información na nosa Web: http://protectoraosbiosbardos.org

http://stopdesahuciostbm.wordpress.com/2013/06/17/os-biosbardos-protectora-de-animais/