28 DE MAIO DÍA DO CAN SEN RAZA

15-05-2013

 

Os cans sen raza son os animais de compañía máis comúns. Dos case dous millóns de cans rexistrados en Barcelona e Madrid, máis de 630.000 son mestizos. É dicir, que hai centos de miles de felices donos de cans sen raza e outros tantos que, aínda que non teñan agora can, simpatizan con estes animais sen pedigree.

En 20minutos quixemos acordarnos deles, deses cans sen raza que ademais se contan por decenas de miles en protectoras e canceiras esperando unha segunda oportunidade, instaurando o Día do Can sen Raza o 28 de maio e celebrándoo cada ano. Hai moitos bos motivos para estar orgulloso dos cans sen pedigree e fomentar a súa adopción.

Con esta iniciativa non se pretende ir en contra dos cans con raza, senón fomentar a tenza responsable de todos os animais, máis alá dos caprichos e modas do momento.

Para promover este Día do Can sen Raza, 20minutos preparou diversas accións: un especial que albergará reportaxes, fotogalerías, un manifesto... e unha iniciativa de adopción pioneira que abranguerá todas as provincias españolas. Haberá ademais unha campaña de recollida de firmas e outra en redes sociais co hashtag#DíaPerroSinRaza.

Aínda quedan dúas semanas para que poida presentarvos todo o que estamos a preparar, pero xa o anunciamos oficialmente http://blogs.20minutos.es/premios20blogs/ e publicado o primeiro reportaxe
http://www.20minutos.es/noticia/1809296/0/historias/perros-sin-raza/testimonios-duenos/

Podedes axudarnos enviándonos a zona20@20minutos unha foto co voso can sen raza contándonos como é e o que significa para vós para engadir a vosa historia á nosa galería  http://www.20minutos.es/galeria/9530/0/0/perros/sin-raza/mestizos-fotos/

 

 

28 DE MAIO DÍA DO CAN SEN RAZA II